Comecei por ver na rúa xente ao lonxe
dancei coas gaitas asexando a choiva caer
namorei alí onde remata o traxecto
levo as pedras do camiño baixo os pés.
Medrei con lendas e xuramentos
gardei no recordo o alento do mar
ollei ás ondas fuxindo do vento
coñezo a morriña ao saír do fogar.
Vexo en min a sombra dun meniño
sinxelo por fóra,complexo sen xeito
de espírito doce,de raza,galego
coa voz tinguida,mollada polo tempo.
Rematei gozando da soidade
sinto a paz,soño,quero,amanezo
e cravo un sorriso na beira dos beizos.
Son letras,dende un recuncho de Compostela.
Son vida,sexa na lingua ou no lugar que sexa.